A mellor escola, a casa

27.2.15

XOGOS MUSICAIS para alumnado de infantil

Unha nova actividade chega esta semana para alumnado de infantil. Trátase do espectáculo didáctico-musical XOGOS MUSICAIS, da man do músico e docente Luís Prego.

O espectáculo está baseado no libro-CD do mesmo nome, publicado por Edicións do Cumio, da súa autoría. Neste traballo, Luís Prego afonda un pouco máis nos xogos, recitados e cancións para os máis cativos da casa, converténdose deste xeito nun libro entregado por completo aos xogos musicais iniciáticos. 


Os obradoiros celebráronse o 25 e 27 de febreiro, nos auditorios da Xunqueira e Piñeiral do Crego. Asistiu un total de 492 nenos e nenas de 4 e 5 anos, das EEI da Marisma, Ventosela e San Pedro; do CEP Santa Mariña; e dos CEIP de Cedeira, Quintela, Santo Paio de Abaixo,  Alexandre Bóveda, Igrexa-Chapela, Laredo, Outeiro das Penas e Porto Cabeiro.

Ademais tamén participou na actividade un grupo de alumnado do ciclo superior de educación infantil do IES Chapela.


1 comentário:

  1. Que boa idea, e que ben feito..Contáronme, ademais, que o pasaron en grande.

    ResponderEliminar

E ti que dis?