A mellor escola, a casa

27.2.15

TÉ CON KANT, comedia filosófica para secundaria

O pasado luns 23 de febreiro, o alumnado de ESO e Bacharelato dos IES Mendiño, Illa de San Simón e Pedro Floriani, asistiu á representación da obra TÉ CON KANT, da compañía INVERSA TEATRO.


Esta función é unha combinación entre o ensaio filosófico e a creación escénica, e xoga co humor e a ironía. Nela as súas actrices intentan exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de provocar a reflexión do público asistente arredor da problemática moral nos nosos días, así como examinar as vantaxes e inconvenientes morais da época ilustrada. 

Á representación asistiron 180 alumnos e alumnas dos tres centros de secundaria redondeláns.




Sem comentários:

Enviar um comentário

E ti que dis?