A mellor escola, a casa

29.4.15

OBRADOIROS DE IMAXINACIÓN

Entre o 23 e o 25 de marzo, o Servizo de Normalización Lingüística organizou uns obradoiros  impartidos por Miguel Ángel Alonso Diz.

Baixo o título de TALLER DE IMAXINACIÓN ALONSO-BELOSO, os obradoiros desenvolvéronse nos multiúsos da Xunqueira e do Piñeiral do Crego, e neles participaron 344 rapaces e rapazas do CEP Santa Mariña e dos CEIP Alexandre Bóveda, Porto Cabeiro e Santo Paio de Abaixo.


Nos tallerese o autor foi explicando o proceso de creación do libro, apoiado con material audiovisual, e fíxolle ver ao alumando participante a importancia da ilustración na edición dos libros. Tamén afondou no proceso de ilustración e na necesidade de que a apariencia sexa atractiva e de que a linguaxe sexa clara e adaptada a idade dos rapaces e rapazas.
As explicacións apoiáronse tamén nunha selección de ilustracións que estiveron expostas durante os días que se celebraron os talleres e as visitas guiadas.
Na actividade incluíuse tamén dous contacontos dos libros “O soño de Esther” e “O cullarapo Croque”, e o alumnado gozou coa actividade “Debuxando con luz coma Picasso“, coa que se busca estimular a creatividade e vencellar a aprendizaxe ao xogo.




Sem comentários:

Enviar um comentário

E ti que dis?