A mellor escola, a casa

5.2.14

OLLOS DE AULA de febreiro

Xa está aquí o novo número da revista da CGENDL, Ollos de aula.

No número de febreiro pregúntanse, da man de Mª Montserrat Castro Rodríguez (profesora da Facultade de CC.EE. da UdC), se os nenos e as nenas teñen unha idade para comezar a ler; José Raposeiras Correa (Catedrático de Ensino Secundario e Doutor pola UVigo) fálanos sobre o uso do teléfono móbil no contexto escolar e familiar e achéganos unhas conclusións de grande interese. Na sección "Palabras do ensino" Lines Salgado ilústranos sobre as "reválidas" recuperadas pola LOMCE, e Gracia Santórum contribúe cunhas gorentosas propostas literarias e musicais.

Esta edición inclúe tamén unha pregunta incómoda a respecto do difícil momento que atravesa OINK, a revista do xabarín Club: as nosas nenas e os nosos nenos non merecen que exista unha revista de actualidade que lles ofreza unha visión do mundo amena e divertida, e co valor engadido de usar a nosa lingua?

Reflexións e achegas que de seguro van facernos pensar e van contribuír a nos ilustrar.
Pódese facer unha subscribición dixital no seguinte enderezo: http://coordinadoraendl.org/lists/?p=subscribe&id=2

Sem comentários:

Enviar um comentário

E ti que dis?