A mellor escola, a casa

16.6.10

Novoneyra en inglés e malaio

Comezamos hoxe coas entregas de diversos textos de Uxío Novoneyra traballados nas aulas dos cursos de alfabetización de persoas adultas e de poboación inmigrante, realizados durante o curso 2009-2010 e organizados pola Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Redondela.
A biografía e máis os textos traballados con este alumnado, tan diverso e de orixes tan distantes, serviu para que se puideran achegar á nosa lingua e á obra do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2010 e, asemade, para que nós sexamos conscientes da diversidade cultural e lingüística e da riqueza que iso supón para a humanidade.

O resultado da dedicación  e entusiasmo das dúas profesoras responsables destes grupos, Aldina Ferreira Fernández e Teresa Couñago Soto,  transmítese tamén nas lecturas do seu alumnado, que foron presentadas inicialmente na HOMENAXE A NOVONEYRA, e que agora iremos traendo a este blog paseniñamente.

A primeira mostra correspóndese coa lectura do poema Fiandeira namorada, feita por Milagros Rodríguez Mosquera en galego,




e por Wan Zalimy Omar en inglés e malaio.


Permintal perasaan from SNL Redondela on Vimeo.

Sem comentários:

Enviar um comentário

E ti que dis?