A mellor escola, a casa

11.6.10

As ciencias en galego

A Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia, ENCIGA, vén de facer público un comunicado sobre o decreto do plurilingüismo.
Reproducimos aquí un parágrafo para apoiar as súas manifestacións e reinvindicar o uso do galego no ensino, tamén na área de ciencias.
Podedes ver o texto completo premendo no título.


A Asociación dos Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA), na Asemblea celebrada o 7-V-2010, aprobou por unanimidade transmitir á Consellería de Educación e aos medios de comunicación a seguinte resolución.

5º.- O decreto supón unha imposición aos profesores, moitos da nosa Asociación, do uso do castelán. En vez de promover o uso do galego como sería razoable nunha comunidade cunha lingua propia, promóvense leis que o desprotexen, involucrando nesta tarefa ao profesorado das áreas de Ciencias. Isto é malo para o país, para os centros, para a docencia das ciencias, para o profesorado implicado nestas áreas e, por suposto, malo para o alumnado e para toda a sociedade galega.

6º.- Por todo isto, consideramos razoable e apoiamos a decisión do profesorado que se ten manifestado publicamente no sentido de non aceptar a substitución do galego polo castelán nas súas aulas.

Santiago de Compostela a vinte e sete de maio de 2010


Ademais a CIG-ENSINO, en colaboración coa plataforma Queremos Galego, convocou un encontro para reclamar o dereito a seguir a impartir as aulas de Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química en galego, e para amosar o rexeitamento a este decreto que procura erradicar o galego como lingua de comunicación científica.
O encontro terá lugar o vindeiro día 18 de xuño, ás 18 horas, no Museo do Pobo Galego, e nel acordaranse tamén as actuacións que se desenvolverán durante o vindeiro curso, reafirmando a firme vontade de ensinar en galego como compromiso e lealdade co idioma.

Pois alén desta iniciativas, a Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística desenvolve unha campaña titulada EN GALEGO TAMÉN SE FAI CIENCIA.
Divulgamos aquí o vídeo de presentación para irmos facendo boca.

En galego tamén se fai ciencia from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo.

Sem comentários:

Enviar um comentário

E ti que dis?