A mellor escola, a casa

4.9.13

Axenda escolar redondelá 2013-2014

Xa temos aquí a nova axenda escolar redondelá.
O Servizo de Normalización Lingüística e a Concellaría de Ensino editaron esta axenda para o novo curso académico, en colaboración cos centros de ensino redondeláns e a través da Coordinadora ENDL de Redondela. 

A tiraxe desta edición foi de 1600 exemplares, que se distribuirán entre o alumnado dos seguintes centros: CEP Santa Mariña, CEIP Alexandre Bóveda, CEIP de Cedeira,CEIP Igrexa – Chapela,CEIP Laredo,CEIP Porto-Cabeiro, CEIP Quintela, CEIP Santo Paio de Abaixo, IES Chapela, IES Illa San Simón, IES Mendiño e IES Pedro Floriani. 

Con esta publicación, que se distribuirá de balde a alumnado de 2º e 3º ciclo de primaria e de 1º e 2º da ESO, preténdese divulgar aspectos da cultura e o patrimonio locais, salientando persoeiros redondeláns destacados, elementos do patrimonio material e inmaterial e traballos de dinamización cultural e lingüística desenvolvidos no curso pasado. Ademais inclúe coplas e refráns, onomástica en lingua galega e referencias ao patrimonio e ás celebracións de Redondela. 

Unha ferramenta que agardamos que sexa útil e proveitosa. 
Feliz comezo de curso!

Sem comentários:

Enviar um comentário

E ti que dis?