A mellor escola, a casa

2.7.13

Chapela presenta o audiovisual "Celso Emilio, ferreiro das palabras aceirudas"


O pasado 20 de xuño de 2013 presentouse no IES de Chapela o audiovisual «Celso Emilio, ferreiro das palabras aceirudas», coa presenza de Luís Ferreiro, presidente da Fundación Celso Emilio Ferreiro.
Neste emocionante audiovisual, realizado polo Departamento de Música e o EDLG, é protagonista o alumnado de 3º da ESO do IES de Chapela recitando e interpretando poemas do autor de Celanova.
O traballo é unha danza entre a poesía, a música e a imaxe, co poeta de fondo, coas arelas e sentimentos de todo un país na palabra. Palabras aceirudas, porque de aceiro se mantivo a voz de Celso Emilio, malia que a censura e a represión teimasen inutilmente ocultar a súa palabra libre, a súa lingua e a verdade do seu tempo. A verdade que con emoción e sensibilidade souberon poñer nas súas voces e nos seus corazóns este grupo de rapaces e rapazas de 3º ESO do IES de Chapela.
Son o orgullo dun ensino público de calidade que resiste o ataque dunha crise económica e ideolóxica que o ameaza.

Sem comentários:

Enviar um comentário

E ti que dis?