Dende o SNL do Concello de Redondela propóñense varias actividades coas que participamos sempre que podemos. A semana pasada, a empresa Faia, acudiu á clase dos Waters (5 anos) para realizar unha actividade de contacontos a través do medio natural, na que se fomenta a oralidade e o coñecemento do medio, a diversidade e a igualdade, e se trata abondosamente o léxico galego específico do noso medio natural.
Aquí vos deixamos algunhas fotos desta sesión tan interesante e entretida!
Sem comentários:
Enviar um comentário
E ti que dis?