Comezamos a semana coa celebración dunha actividade promovida polo Servizo de Normalización Lingüística e mais a Concellería de Ensino do Concello de Redondela: CONTOS DO MEDIO.
Este programa vén da man de FAIA Educación Ambiental, e promove o coñecemento do noso medio natural a través da ferramenta que nos é máis propia: a nosa lingua.
A actividade organízase cun pequeno preámbulo cuxos contidos
serán os contos, a lingua e o medio. A temática dos contos céntrase
nos bosques, nos ríos, no mar, nas árbores, na fauna e na flora;
palabras como mincha, arola, landra, esquío, ourizo, queimacasas,
xabaril, ferreiriño, curuxa, ouriolo, bolboreta, limpafonte, toro ou neve aparecerán a través dos contos, que farán coñecer os ecosistemas onde viven e a súa
diversidade, e entendermos a nosa relación e as nosas obrigas con eles.
A base da actividade será a lingua oral e o coñecemento do noso medio natural máis inmediato. Aprenderán a nomear certas árbores,
animais e plantas da costa e do interior, cuxos exemplos están próximos. Deste xeito comprobarán que aquilo que se nomea ou que aparece nos libros é ou pode ser recoñecido no propio territorio, no contorno máis inmediato.
O programa organízase en Redondela en 10 sesións, nas que participarán 270 rapazas e rapaces de ensino infantil e primario. A programación é a seguinte:
Calendario de CONTOS DO MEDIO | ||||
DATA | CENTRO | NIVEL | NÚMERO ALUM. | HORA |
09/04/13 | CEIP Igrexa-Chapela | 1º ciclo | 25 | 10.00 h |
09/04/13 | CEIP Laredo | 1º ciclo | 28 | 12.00 h |
10/04/13 | CEIP Quintela | 1º ciclo | 30 | 9.30 h |
11/04/13 | CEIP Sto. Paio Abaixo | 3º infantil (5 anos) | 25 | 10.00 h |
12/04/13 | CEP Santa Mariña | 2 sesións (1º) | 56 | 10 e 12.00 h |
15/04/13 | CEP Santa Mariña | 3 sesións (2º) | 78 | 9.30-11.00-13.00 |
16/04/13 | CEIP Porto-Cabeiro | 1º ciclo | 28 | 10.00 h |
NÚM. TOTAL DE SESIÓNS | 10 | |||
NÚM. TOTAL DE ALUMNADO PARTICIPANTE | 270 |
Sem comentários:
Enviar um comentário
E ti que dis?