Esta convocatoria está dirixida a alumnado de 3º e 4º de ESO, que deberá formar equipos de traballo de 5 a 10 persoas, e poderán participar todos os centros de ensino que o desexen.
Os traballos consistirán na elaboración dun caderno de campo centrado nunha parroquia ou nun barrio ou vila, que recollerá: datos xeográficos, datos socioeconómicos, recolla de toponimia, lendas, contos, refráns, adiviñas, tradicións, oficios ou algún dato histórico de relevo.
Tamén poderá incluír a recolla e análise de monumentos, vestixios arqueolóxicos e históricos (mámoas, castros, igrexas, mosteiros, cruceiros, petos de ánimas, pontes, estatuas,…) ou elementos etnográficos singulares (conxuntos de hórreos, fornos, muíños, ferrerías, poldras, …). Calquera elemento ou información que permita rescatar a memoria do pobo.
O prazo para entregar os traballos remata o 1 de abril de 2013, e remitiranse ao enderezo electrónico
secretaria@fundaciónvicenterisco.com
secretaria@fundaciónvicenterisco.com
Consulta as bases completas.
Sem comentários:
Enviar um comentário
E ti que dis?