O 6 de novembro de 2012 tivo lugar en Ourense a entrega de premios do
IV Certame OUFF Escola, no marco do 17 Festival Internacional de Cine
de Ourense.
Entre as 46 obras participantes na categoría “Secundaria e ensino non universitario” o xurado decidiu darlle o 1º premio ao lipdub EU FALAREI do IES de Chapela.
Con este premio o xurado recoñece o traballo coordinado polo Equipo
de Dinamización da Lingua Galega do IES de Chapela no que participou
toda a comunidade educativa no pasado mes de xuño e que deu lugar á
gravación do lipdub EU FALAREI.
En Ourense estiveron 53 persoas, alumnado e
profesorado do IES de Chapela, que dedicaron o premio a toda a
veciñanza de Chapela “que se identificou co proxecto e hoxe canto
orgullosa EU FALAREI”.
Velaí o vídeo da recollida do premio:
Parabéns mil veces!
ResponderEliminarUn orgullo para toda Redondela.