A mellor escola, a casa

15.4.11

Obradoiro de portugués no IES Mendiño

O día 14 de abril, o IES Mendiño recibiu a visita de Kike Martins, que foi o encargado do obradoiro titulado: Galego, a nosa vantaxe. Portugués, a nossa vantagem.

Estes obradoiros desenvolvidos pola AGAL baixo o epígrafe de OPS!, inciden na necesidade de aproveitarmos a oportunidade de sermos galegos e termos unha lingua propia para achegarnos aos nosos veciños e irmáns da lingua, os falantes da lusofonía.

No vindeiro mes achegaranse tamén ao IES Illa de San Simón.

Sem comentários:

Enviar um comentário

E ti que dis?