Esta é a casa común da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino público de Redondela.
31.5.10
Intercambio con Monção
O venres pasado os centros de ensino secundario redondeláns recibiron a visita do alumnado portugués da EPRAMI e da Escola Secundária de Monção. Pola mañá o alumnado de 10º ano portugués viviu nos centros de secundaria de Redondela as particularidades do noso sistema educativo e observaron as semellanzas e diferencias das dúas linguas irmás.
Ademais a convivencia co alumnado de 4º da ESO galego serviu de mostra para comprobar a nosa facilidade de comunicación na nosa lingua cos veciños portugueses.
Logo todos os participantes no intercambio viaxaron á Illa de San Simón para celebrar un xantar conxunto e unha visita ás illas.
A experiencia vivida fai prever sucesivos contactos e intercambios que han frutificar nunha máis intensa e enriquecedora relación. Podedes ver o artigo que publica a profesora Teresa Simões no Jornal Digital da Escola Secundária de Monção.
Ademáis tamén se poden ler as novas da xornada de intercambio do día 29 de abril en Monção nestes dous enlaces: EPRAMI e Escola Secundária.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário
E ti que dis?