Finalmente, e malia a oposición de amplos sectores da sociedade e da maioría da comunidade educativa galega, o DOG núm. 97, do martes 25 de maio de 2010, publica o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
De pouco serviron o rexeitamento do Consello Consultivo, do Consello Escolar, da Real Academia Galega, do Consello da Cultura, das universidades, dos sindicatos que representan o 90% do profesorado, e de asociacións e plataformas diversas.
Para sumarnos a este rexeitamento colectivo poñemos no noso blog a nota de prensa divulgada pola Coordinadora Galega de ENDL, que subscribimos, e unha recompilación de diferentes mostras de rexeitamento feita pola CTNL.
Sem comentários:
Enviar um comentário
E ti que dis?