O 2 e 3 de maio, o auditorio da Xunqueira acolleu as proxeccións de MAIMIÑO E O ESPELLO MÁXICO, un filme de animación indicado para alumnado de infantil e primaria.
Maimiño e o espello máxico é o único filme de animación infantil galego e en
galego.Trátase dunha coproducción galego-cubana
(Ficción Producciones e ICAIC de La Habana), baseada
na adaptación que sobre o clásico Polgariño
escribiu o gran escritor cubano José Martí, e que
publicou no ano 1889 na revista La edad de oro.
Dirixido por Ernesto Padrón, que contou coa colaboración como director convidado do
galego Bruno López, Maimiño conta unha
historia chea de ritmo e enerxía, que incorpora na súa
trama algúns dos valores más relevantes a trasladar na
primeira infancia: a amizade, a xustiza social, o amor
ou a importancia do esforzo para acadar os obxectivos.
As voces en galego están interpretadas por algúns dos principais
actores e actrices do panorama actual como María Castro,
Javier Rey, Carlos Blanco, Monti Castiñeiras e Antonio
Mourelos, entre outros.
A banda sonora está asinada polo gran autor cubano Silvio
Rodríguez, xunto co compositor galego de música para cine e
televisión Manu Riveiro. Maimiño conta, ademais,
na interpretación dos temas en galego con cantantes da talla
de Uxía Senlle e Xoán Curiel.
A proxección incluíuse dentro das
actividades das Letras Galegas 2016, coa intención de ofrecer
cinema en galego á poboación infantil, e participaron 548 escolares dos seguintes centros: EEI San Pedro, CEP Santa Mariña, CEIP Outeiro das Penas, CEIP Porto Cabeiro, CEIP Quintela, CEIP Santo Paio de Abaixo, Colexio Vigo e CAPD Chapela.
Sem comentários:
Enviar um comentário
E ti que dis?