Coma nos anteriores cursos (e xa van catro), o Servizo de Normalización Lingüística e a
Concellaría de Ensino do Concello de Redondela, en colaboración cos
centros de ensino público redondeláns, editaron novamente a Axenda
escolar redondelá, que recibirán 2025 alumnos e alumnas dos centros de
ensino públicos do concello para o curso escolar 2015-2016.
As axendas estanse a distribuír de balde
entre o alumnado de ensino primario do CEP Santa Mariña, CEIP Alexandre
Bóveda, CEIP de Cedeira, CEIP Igrexa–Chapela, CEIP Laredo, CEIP Outeiro
das Penas, CEIP Porto-Cabeiro, CEIP Quintela e CEIP Santo Paio de
Abaixo, e do 1º ciclo da ESO do IES Chapela, IES Illa San Simón, IES
Mendiño e IES Pedro Floriani.
A edición para o curso 2015-2016 inclúe
algúns dos traballos de dinamización cultural e lingüística
desenvolvidos durante o curso pasado polo Servizo de Normalización
Lingüística cos centros de ensino, recupérase parte do patrimonio
inmaterial a través de ditos e coplas, a onomástica en lingua galega,
inclúe as conmemoracións escolares e as celebracións propias de
Redondela, e contén especificamente contidos relacionados coa toponimia
local.
De novo estas axendas convértense nunha ferramenta útil para a organización das tarefas escolares que, ademais, contribúe a divulgar aspectos da cultura e do patrimonio locais entre a poboación máis nova, e a normalizar o uso da lingua galega entre o alumnado redondelán.
Sem comentários:
Enviar um comentário
E ti que dis?