A mellor escola, a casa

12.9.14

Axenda escolar redondelá 2014-2015

Xa temos unha nova edición da Axenda escolar redondelá para o curso 2014-2015. 

De novo a colaboración do Servizo de Normalización Lingüística, a Concellaría de Ensino e mais os centros de ensino público de Redondela, a través da Coordinadora ENDL de Redondela, conseguiu sacar adiante esta ferramenta que, ademais de normalizar o uso da lingua galega entre a poboación escolar, vai achegarlle tamén a cultura e o patrimonio que temos de noso. 

A edición para o curso 2014-2015 inclúe algúns traballos de dinamización cultural e normalización lingüística desenvolvidos durante o curso pasado (coma as funcións escolares de teatro ou monicreques); iniciativas a prol da lingua galega coma o videoclip “Terra”; información relativa a construcións populares e tradicións; historias relacionadas coa tradición redondelá; elementos do patrimonio arquitectónico; divúlgase a figura de Rita Otero, persoeiro redondelán homenaxeado en 2014; recupérase parte do patrimonio inmaterial a través de ditos e coplas; e inclúe a onomástica en lingua galega, as conmemoracións escolares e as celebracións de Redondela. 

Preto de 1900 escolares de ensino primario do CEP Santa Mariña, CEIP Alexandre Bóveda, CEIP de Cedeira, CEIP Igrexa– Chapela, CEIP Laredo, CEIP Outeiro das Penas, CEIP Porto-Cabeiro, CEIP Quintela e CEIP Santo Paio de Abaixo, e mais de 1º ciclo da ESO do IES Chapela, IES Illa San Simón, IES Mendiño e IES Pedro Floriani recibiraas nestes días.  


Sem comentários:

Enviar um comentário

E ti que dis?