A mellor escola, a casa

15.6.14

O martes 24 de xuño de 2014 terá lugar a presentación do videoclip TERRA en Lingua de Signos coordinado polo EDLG do IES de Chapela.
Neste proxecto participaron directamente 140 membros da comunidade educativa do IES de Chapela entre alumnado e profesorado das quendas de mañá e tarde, persoal non docente e nais e pais do alumnado.
A parte técnica do vídeo estivo a cargo do alumnado do IES Audiovisual de Vigo.
O traballo consiste no signado colectivo (na variante galega da Lingua de Signos) dos versos do tema Terra do grupo Dakidarría. Tamén aparecen no vídeo escenas iniciais con alumnado acudindo á gravación desde diferentes lugares da parroquia de Chapela e unha grande escena final na que participou todo o centro signando o último verso da canción: "Escoitar, aprender e compartir" que transmite os valores que se pretenden potenciar co vídeo -comúns para a lingua de lignos e para a lingua galega- : respecto, valoración e promoción de formas de comunicación que enriquecen á nosa sociedade.
No acto de presentación contaremos coa presenza dos membros do grupo Dakidarría, autores da música do videoclip.
Este traballo audiovisual forma parte do proxecto de innovación en dinamización lingüística “Escoitando a Terra”, que foi seleccionado como excelente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Sem comentários:

Enviar um comentário

E ti que dis?