Deste xeito as producións audiovisuais galegas adquiren un valor que non é doado ver nas salas de cinema comercial e, ao facer as proxeccións en horario lectivo, o alumnado redondelán ten a oportunidade de achegarse a elas como parte da súa formación integral e como complemento educativo da súa formación.
As proxeccións desenvólvense no Auditorio da Xunqueira co seguinte calendario:
IES Illa de San Simón (3º e 4º ESO) | 135 | 24/03/14 | 12.00 h | DOENTES |
IES Mendiño (4º ESO) | 43 | |||
IES Pedro Floriani (3º e 4º ESO) | 76 | 28/03/14 | 12.00 h | COSTA DA MORTE |
IES Pedro Floriani (1º BAC) | 46 | 08/04/14 | 12,00 h | 18 COMIDAS |
Con esta actividade de dinamización lingüística preténdese mostrar a riqueza e utilidade da lingua galega para as creacións audiovisuais, e procúrase unha sensibilización da mocidade redondelá cara ás creacións artísticas galegas.
Sem comentários:
Enviar um comentário
E ti que dis?