Comezamos co proxecto de posta en valor do patrimonio paisaxístico e cultural redondelán, ROTEIROS GUIADOS EN MONTE PENIDE, a través de A CITANIA, Arqueoloxía e Xestión de Patrimonio, promovido polo Servizo de Normalización Lingüística e a Concellaría de Cultura do Concello de Redondela e mais a Coordinadora ENDL de Redondela.
A
finalidade deste proxecto é a conservación dos diferentes elementos
que conforman a arqueoloxía do noso concello a través da educación,
dunha implantación no ensino que valore e presente o noso patrimonio
entre o público máis cativo como un ben común que cómpre divulgar
e protexer.
Dada
a complexidade e abundancia dos restos espallados por todo o Concello
de Redondela, esta experiencia centrarase nos elementos que se atopan
no contorno do espazo coñecido como Monte Penide ou Monte Mirallo,
onde están localizadas as culturas máis representativas da
prehistoria galega: o
Neolítico,
coa necrópole megalítica de “Chan da Cruz/Chan das Formigas”; o
Calcolítico/Idade do Bronce, cos Petróglifos de Monte Penide ou
Monte Mirallo; e a
Idade do Ferro, co Castro
de Negros.
O
roteiros comezaron hoxe con dous grupos do IES Illa de San Simón, e
continuarán durante todo o mes de maio con alumnado do IES Chapela,
CEP Santa Mariña, CEIP Cedeira, CEIP Porto Cabeiro, IES Mendiño,
CEIP Laredo e CEIP Santo Paio de Abaixo, e participarán dos mesmos
arredor de 540 rapaces e rapazas.
Sem comentários:
Enviar um comentário
E ti que dis?