A Asociación Andaina Redondela convoca un certame nacional de curtametraxes, dirixido ao ámbito escolar e adicado á
discapacidade. O seu obxectivo é facer máis visibles os problemas de integración, e afondar na concienciación e na
sensibilización sobre a realidade que viven as persoas afectadas e as
súas familias.
O premio está integrado no certame Redondela en curto, o prestixioso festival de curtametraxes redondelán que este ano cumpre xa a súa 9ª edición.
O prazo para a presentación dos traballos remata o 30 de marzo.
Pódense descargar xa as bases do premio.
Sem comentários:
Enviar um comentário
E ti que dis?