O EDLG do IES de Chapela programou unha intensa actividade para o vindeiro 5 de novembro, III Día da Ciencia en Galego:
1. Exposición participativa " Do Big Bang ao LHC", con sorteo de premios científicos entre os e as participantes achegados polos Departamentos de Ciencias do IES (Ciencias da Natureza, Física e Química, Tecnoloxía e Matemáticas).
Pica para ver a forma de participar e para ler os textos dos paneis.
2. Conferencia "Pescudando nas orixes da materia". Por Cibrán Santamarina, profesor da USC e investigador no CERN
3. Leonardo da Vinci Cociñeiro. Verdade ou mentira?. Preparada polo alumnado do CM de atención a persoas en situación de dependencia.
Esta é a casa común da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino público de Redondela.
28.10.12
18.10.12
A locomotora de María Fumaça en galego
Estes días é novidade unha publicación que non pode deixarnos indiferentes; trátase do libro-CD-DVD de Galaxia-Árbore MARIA FUMAÇA.
O subtítulo "para cantar, bailar e ser feliz" desta locomotora, que percorría as terras do Brasil e que anda agora polos camiños de ferro da nosa terra, dános un avance do seu obxectivo. Este proxecto de Uxía xunto a Magín Blanco, Isaac Palacín, Carlos Blanco ou Tanxarina Teatro, e unha morea de artistas máis, pretende compartir alegría e música con toda a cativada galega.
Ademais do conto e as cancións, no DVD pódense seguir as músicas e as letras en formato de karaoke, e este é un recurso magnífico para traballar cos máis pequenos.
Para mostra, aquí vos deixo o vídeo titulado O MERCADO, feito por outro artista redondelán, Cuchi Carreira, e gravado nunha tenda redondelá con denominación de orixe: A tenda da Loura.
3.10.12
Ollos de aula, revista da CGENDL
A CGENDL (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística) achéganos, neste comezo de curso, unha nova ferramenta: OLLOS DE AULA, a revista para as familias do alumnado.
A iniciativa, coma todas as súas, incide no uso da nosa lingua como vehículo de comunicación e achegamento ao coñecemento, pero ademais inclúen recomendacións para facer, ler e oír; información relativa ás leis de educación e o seu funcionamento; e unha serie de claves para comezar ben o curso.
Tal como manifestan na súa declaración de intencións "o obxectivo da publicación é achegarvos información variada ao redor da educación e convidarvos a reflexionar sobre aqueles temas que vos poden preocupar como nais e pais".
Parabéns e longa vida a esta ferramenta que nos vai abrir os ollos!

Subscrever:
Mensagens (Atom)