O
resultado non pode ser mellor, a xulgar pola calidade da edición e o
guión. Pero o que máis importa neste caso é a participación de 400
persoas, entre as que están 120 actrices e actores e 29 cantantes. Son
alumnado, profesorado, persoal non docente, pais e nais, veciñas e
veciños de Chapela, que quixeron dar alento á lingua galega, necesitada
de nós, hoxe máis ca nunca.
Toda a comunidade chapelá tivo un lugar
neste proxecto que pretende ser, segundo eles mesmos manifestan, «un
canto de amor en defensa da Lingua Galega, mais tamén é unha denuncia
da situación que vive un idioma que esmorece lentamente vendo recortada a
súa presenza nos medios de comunicación ou na propia escola, e que día a
día perde falantes entre a xente nova«.
O famoso tema de Gloria Gaynor, I will survive, serve de banda sonora para este vídeo con dobraxe ao galego, no que resoa un retrouso pegadizo e optimista:
«Eu falarei, sempre en galego,
que viva a nosa lingua outras mil primaveras máis«
que viva a nosa lingua outras mil primaveras máis«
Parabéns por esta inxección de optimismo para a nosa lingua!
G R A Z A S
ResponderEliminarTino Iglesias