Hoxe é o International Mother Tongue, é dicir, o DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA.
"Falarlle a alguén nun idioma que entende permite chegarlle ao seu cerebro, pero falarlle na súa lingua materna significa chegarlle ao seu corazón”.
Nelson MandelaEste é un bo día para reclamar, máis ca ningún outro, que se fale galego nas casas e na escola, para que as mulleres e os homes do futuro manteñan viva a nosa lingua, o noso máis prezado ben cultural, e sexan quen de transmitirlla ás xeracións futuras.
"A lingua do noso pensamento e das nosas emocións é o noso ben máis prezado. O plurilingüismo é o noso aliado para velar por unha educación de calidade para todas as persoas, fomentar a inclusión e loitar contra as discriminacións. A construción dun diálogo auténtico supón o respecto polos idiomas. Toda representación dunha vida mellor, toda aspiración ao desenvolvemento exprésase nunha lingua, con palabras precisas para darlle vida e comunicala. As linguas son o que somos; protexelas significa protexérmonos".
Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO.
Sem comentários:
Enviar um comentário
E ti que dis?