A mellor escola, a casa

14.1.11

Calendario 2011

Velaquí o está.
Este é o noso calendario para o 2011, Ano Internacional dos Bosques e da Química.

Que sirva para espallar a nosa lingua nas ciencias, e para divulgar a ciencia na nosa lingua.

Pódense descargar os pdf de balde nestas ligazóns: 1º SEMESTRE / 2º SEMESTRE

13.1.11

Concurso RECICLANDO EN FAMILIA

A empresa de servizos educativos e culturais Imaxina organiza o IV Concurso “Reciclando en familia”. 

Con este concurso preténdese fomentar e concienciar sobre o valor da reciclaxe, alonxar a idea do consumismo, e conseguir que os nenos e nenas advirtan que no lixo hai outro mundo con moitas posibilidades. Os traballos que se presenten a concurso consistirán en realizar unha obra con material reciclado (do lixo) dándolle liberdade aos rapaces na escolla de materiais e na finalidade da obra.


Pódense presentar rapaces e rapazas dende os 3 aos 11 anos de todos os centros educativos da provincia de Pontevedra. O prazo de entrega de obras estará aberto do 11 ao 24 de xaneiro de 2011. As obras deben ser entregadas nas oficinas de Imaxina, na rúa Montero Ríos, 32 - 3º, en Vigo. Teléfonos de contacto: 986 672812 - 671659204.

As obras deberán vir coa seguinte información: 
NOME E APELIDOS DO CONCURSANTE/A
TELÉFONO DE CONTACTO
NOME DO COLEXIO
CURSO

Os gañadores daranse a coñecer do 24 ao 27 de xaneiro.
O venres 28 de xaneiro terá lugar a inauguración da exposición e a entrega de premios aos gañadores, que se celebrará na Casa da Xuventude de Vigo ás 19:00 horas. Os premios serán os seguintes: 1º, un PM4; 2º, dúas entradas para o cine; 3º, un quebracabezas dos Bolechas.

A exposición estará aberta ao público de luns a venres de 09:30 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 h, dende o 28 de xaneiro ata o 28 de febreiro.