O alumnado de infantil do CEIP Laredo, coa colaboración do CEIP Igrexa, CEIP Alexandre Bóveda e CEIP Porto Cabeiro de Redondela, e mais a EEI do Con (Moaña), fixeron un conto viaxeiro adicado a Lois Pereiro.
Despois de todo o traballo realizado durante o curso, finalmente, o venres 9 de decembro, fíxose a súa presentación en Laredo cun impresionante "dispositivo mediático" a xeito de estrea de cinema, que fixo participar a toda a comunidade escolar: dende os xornalistas que agardaban ás portas polo alumnado, ata os presentadores que conduciron o espectáculo marabillosamente.
O conto, editado en papel grazas á Concellería de Ensino, en colaboración co SNL, foi entregado tamén a todo o alumnado.
O traballo completouse cun vídeo de presentación, que conta coas propias voces dos cativos. Fixeron as veces de locutores-contadores e achegáronse á nosa lingua oral, algúns deles por primeira vez. Oxalá que non sexa a última!
Sem comentários:
Enviar um comentário
E ti que dis?