Este xogo feito por Nieves Baños e Mónica Venca do C.E.I.P. de Frián-Teis, propón actividades a partir dun conto de Uxío Novoneyra: "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín". Edelvives, Zaragoza, 1998.
A min gustoume o conto para traballar cos cativos da miña aula de Educación Infantil e os xogos tamén me parecen estupendos así que só podo agradecerlle a Nieves e Mónica que fixeran o esforzo de adaptar o conto e crear os xogos, porque me parecen estupendos. Aquí vos deixo o enlace para que accedades ao xogo:
http://centros.edu.xunta.es/ceipfrian/files/lim/letrasgalegasinf/letras_galegas.html
Esta é a casa común da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino público de Redondela.
29.4.10
22.4.10
A OCA DE UXÍO NOVONEYRA
Estamos xa no mes de abril. Falta pouco para celebrar as Letras Galegas. Este ano o día está dedicado ao poeta lugués Uxío Novoneyra. Para aprender algo sobre o mesmo, logo de ler a súa biografía e realizar outras actividades que estamos a preparar, podemos xogar á Oca. Preparamos unha versión adicada ao "poeta do Courel".
Pódese descargar facendo clic aquí ou na propia imaxe.
Para xogar é preciso ter instalado o programa Smart Notebook. Neste enlace descárgase a última versión (a proba por 30 días) ou unha versión de balde (a 9.7 gratuíta para Windows).
Pódese descargar facendo clic aquí ou na propia imaxe.
Para xogar é preciso ter instalado o programa Smart Notebook. Neste enlace descárgase a última versión (a proba por 30 días) ou unha versión de balde (a 9.7 gratuíta para Windows).
OS OFICIOS E PROFESIÓNS DA NOSA PARROQUIA:"CEDEIRA"
No colexio preparamos este programa de radio sobre os oficios tradicionais dos nosos avós e sobre unha tradición da nosa parroquia: a corrida do galo. Para facelo entrevistamos aos nosos avós e outros familiares.
Podedes descargalo facendo clic aquí (son 23,5 MB; ten 25' 45'' de duración
21.4.10
Relatorio de Mª Xosé Queizán
Subscrever:
Mensagens (Atom)