A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia, presenta un espectáculo musical titulado OLA, OLA, LA!, que se celebrará o domingo 28 de novembro ás 18.00 horas, no Auditorio da Xunqueira, dentro do programa BOCABERTA de dinamización lingüística.
O concerto estará a cargo de Mamá Cabra, un grupo musical especializado en música infantil en lingua galega. Ola, ola, la! é unha aposta musical para quen gusta da electricidade máis rítmica a dar voltas polo corpo. A través das súas melodías e coa axuda dun DVD-Karaoke, os nenos e nenas aprenderán a cantar as cancións coma se formasen parte da banda. E polo medio, un sorprendente conto de Gloria Sánchez, ilustrado por Kristina Sabaite. A forza da música en directo e da palabra a través da lingua galega.
Está dirixido sobre todo a nenos e nenas de 4 a 8 anos e a toda a familia.
Aquí vos deixo unha pequena mostra do ben que o pasamos no concerto.
Sem comentários:
Enviar um comentário
E ti que dis?