A Coordinadora Galega de ENDL xunta os esforzos dun feixe de organizacións (AGAPEMA, ENCIGA, APETEGA, IGACIENCIA, SGAPEIO , A Mesa pola Normalización Lingüística), institucións (Universidade de Santiago, Universidade da Coruña, Instituto da Lingua Galega), sindicatos (CIG-Ensino, STEG, Nova Escola Galega, AS-PG) e outros organismos, para promover tamén o DÍA DA CIENCIA EN GALEGO, dedicado este ano ao astrónomo galego Ramón María Aller, ao físico escocés James Clerk Maxwell e ao poeta medieval Afonso X, tamén científico.
Na web xornada pola ciencia en galego podedes atopar toda a información relacionada, así como as iniciativas que se están desenvolvendo e os centros que xa confirmaron a súa participación.
Aínda estades a tempo de colaborar e reclamar o dereito a gozar da ciencia en galego.
Sem comentários:
Enviar um comentário
E ti que dis?