O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela organizou uns ROTEIROS DE TOPONIMIA para alumnado redondelán, que desenvolveu TRESPÉS, SOC. COOP. GALEGA.
Os percorridos realizáronse en catro ámbitos distintos:
Roteiro 1. A historia mariñeira da
vila de Redondela e Vilavella.
Roteiro 2. Quintela.
Roteiro 3. Cabeiro-Negros.
Roteiro 4. Chapela.
Baixo o título “A memoria da Redondela mariñeira” o alumnado participou dunha ruta pola vila, onde aprenderon a orixe de
topónimos como Cabo dos Fumeiros, rúa Ribeira ou Campo das Redes, e
souberon onde se atopaban outros como "O Cagadouro", A Esfarrapada,
a Praza do Estaleiro, a rúa do Medio, Vilavella, A Xunqueira, "a banda da
maré", "a poza da becha" ou "o pulpizo".
No percorrido por Chapela descubriron onde está o río Maceiras
(tamén chamado Segade), o Fondón, que hai un peto de ánimas que dá nome á
rúa das Ánimas, e outros lugares como Cidadelle, Laredo, Trasmallo, e o
Cubillón. E mesmo falamos cun home maior que nos dixo que se perderon
nomes que existían como o Camiño das Hortas (a carón do centro acuático)
ou a Veigha do Medio (onde estaba antigamente a fábrica de Cardona).
Na ruta por Cabeiro aprenderon a relación dalgúns topónimos relacionados coas pedras ou a auga, e souberon de nomes de lugar como A Minada, Pociños, Coutadiñas, ou o Muíño do Castro.
No percorrido por Quintela tamén afondaron neste coñecemento, souberon de topónimos relacionados con accidentes xeográficos e coa vexetación, como O Pumar.
Na actividade participoron máis de 400 alumnas/os do CEP Santa Mariña, dos CEIP Santo Paio de Abaixo, Quintela, Porto-Cabeiro, Laredo, Igrexa-Chapela e Alexandre Bóveda; e dos IES Mendiño e Illa de San Simón.
Sem comentários:
Enviar um comentário
E ti que dis?