A mellor escola, a casa

26.6.14

TERRA - Videoclip en lingua de signos


O martes 24 de xuño de 2014 presentouse nun ateigado auditorio do Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela o videoclip TERRA en galego e lingua de signos. Nel participa toda a comunidade educativa do IES de Chapela.

15.6.14

O martes 24 de xuño de 2014 terá lugar a presentación do videoclip TERRA en Lingua de Signos coordinado polo EDLG do IES de Chapela.
Neste proxecto participaron directamente 140 membros da comunidade educativa do IES de Chapela entre alumnado e profesorado das quendas de mañá e tarde, persoal non docente e nais e pais do alumnado.
A parte técnica do vídeo estivo a cargo do alumnado do IES Audiovisual de Vigo.
O traballo consiste no signado colectivo (na variante galega da Lingua de Signos) dos versos do tema Terra do grupo Dakidarría. Tamén aparecen no vídeo escenas iniciais con alumnado acudindo á gravación desde diferentes lugares da parroquia de Chapela e unha grande escena final na que participou todo o centro signando o último verso da canción: "Escoitar, aprender e compartir" que transmite os valores que se pretenden potenciar co vídeo -comúns para a lingua de lignos e para a lingua galega- : respecto, valoración e promoción de formas de comunicación que enriquecen á nosa sociedade.
No acto de presentación contaremos coa presenza dos membros do grupo Dakidarría, autores da música do videoclip.
Este traballo audiovisual forma parte do proxecto de innovación en dinamización lingüística “Escoitando a Terra”, que foi seleccionado como excelente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fodido Submarino da Banda do Patio no IES de Chapela

O martes 17 de xuño de 2014 terá lugar a estrea mundial do tema «Fodido Submarino» da Banda do Patio, grupo integrado por alumnado do IES de Chapela e promovido polo EDLG do centro.
O breve concerto terá lugar no vestíbulo do IES de Chapela ás 12:10h e servirá como despedida do curso 2013/14.
Máis información na páxina da Banda do Patio.