A mellor escola, a casa

12.11.13

OLLOS DE AULA de novembro

Xa chegou o novo número da revista OLLOS DE AULA. Desta volta achéganos ao problema do acoso escolar, a importancia da coeducación dende as familias, suxestións e recomendacións para o lecer e unha explicación do que é o "proxecto interdisciplinar".

Pódese descargar aquí o PDF.

7.11.13

Xoves con música no IES de Chapela

Comeza unha nova edición dos Xoves con Música no IES de Chapela.
Durante os xoves do mes de novembro e decembro, alumnado e profesorado do centro votará en sucesivas quendas eliminatorias ata escoller o mellor videoclip de música galega.
As votacións faranse despois da proxección dos videoclips ás 10:10h (quenda de mañá) e ás 19:40h (quenda de tarde).
Na primeira eliminatoria o videoclip de Roi Casal gañoulle ao de Loteta Martin por 121 votos a 83. Restan 3 eliminatorias, a semifinal, e a grande final no xoves anterior ao Nadal.
A actividade está organizada polo EDLG do IES.

4.11.13

Día da Ciencia en galego no IES de Chapela

O 4 de novembro de 2013 é o Día da Ciencia en galego.
No IES de Chapela temos a seguinte programación organizada polo EDLG: