A mellor escola, a casa

23.10.13

OLLOS DE AULA de outubro

Comezou o curso e xa está aquí o novo número da revista OLLOS DE AULA, editada pola Coordinadora Galega de ENDL para toda a comunidade educativa, pero especialmente para as familias. Neste número dá consellos sobre como escoller e organizar as actividades extraescolares, un interesante artigo para facer visible a diversidade funcional, un recanto con palabras do ensino, un taboleiro de suxestións e recomendacións e, de paso, unha reflexión reivindicativa sobre a lingua galega no ensino. 

Pódese descargar aquí en PDF.


Para vermos o ensino con outros ollos.