Grazas á colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela pundemos contar coa presenza de Roi Casal e Silvia Ferre no noso centro o pasado 21 de marzo, día da diversidade cultural.
O alumnado de 2º ESO e de 1º de Bacharelato coñeceu da man destes
artistas como reinterpretar a música tradicional cun toque de
modernidade e puido apreciar o sons da arpa e do bouzouki acompañando a
voz de Silvia.
Esta é a casa común da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino público de Redondela.
23.5.13
AID gañadora do Xoves con Música no IES de Chapela
O xoves 23 de maio de 2013 rematou a actividade "Xoves con Música" na
que profesorado e alumnado do IES de Chapela escoitou e votou durante 5
xoves os mellores videoclips de música en galego.
Na final impúxose AID, con 45 votos, ante os outros finalistas (Ruxe Ruxe-18 votos, Medomedá-16 votos, Sés-15 votos).
Na final impúxose AID, con 45 votos, ante os outros finalistas (Ruxe Ruxe-18 votos, Medomedá-16 votos, Sés-15 votos).
6.5.13
XOGO DE PREGUNTAS SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Para comprobar todo o que sabedes sobre Roberto Vidal Bolaño, dende o CEIP Outeiro das Penas propoñémosvos este xogo de preguntas no que podedes facer dous equipos e ver quen chega antes ao escenario. Moita sorte coas vosas pesquisas!!
2.5.13
ROTEIROS DIDÁCTICOS EN MONTE PENIDE
Comezamos co proxecto de posta en valor do patrimonio paisaxístico e cultural redondelán, ROTEIROS GUIADOS EN MONTE PENIDE, a través de A CITANIA, Arqueoloxía e Xestión de Patrimonio, promovido polo Servizo de Normalización Lingüística e a Concellaría de Cultura do Concello de Redondela e mais a Coordinadora ENDL de Redondela.
A
finalidade deste proxecto é a conservación dos diferentes elementos
que conforman a arqueoloxía do noso concello a través da educación,
dunha implantación no ensino que valore e presente o noso patrimonio
entre o público máis cativo como un ben común que cómpre divulgar
e protexer.
Dada
a complexidade e abundancia dos restos espallados por todo o Concello
de Redondela, esta experiencia centrarase nos elementos que se atopan
no contorno do espazo coñecido como Monte Penide ou Monte Mirallo,
onde están localizadas as culturas máis representativas da
prehistoria galega: o
Neolítico,
coa necrópole megalítica de “Chan da Cruz/Chan das Formigas”; o
Calcolítico/Idade do Bronce, cos Petróglifos de Monte Penide ou
Monte Mirallo; e a
Idade do Ferro, co Castro
de Negros.
O
roteiros comezaron hoxe con dous grupos do IES Illa de San Simón, e
continuarán durante todo o mes de maio con alumnado do IES Chapela,
CEP Santa Mariña, CEIP Cedeira, CEIP Porto Cabeiro, IES Mendiño,
CEIP Laredo e CEIP Santo Paio de Abaixo, e participarán dos mesmos
arredor de 540 rapaces e rapazas.
Subscrever:
Mensagens (Atom)