A mellor escola, a casa

30.1.13

Día escolar pola PAZ

Hoxe celébrase o DÍA ESCOLAR POLA PAZ, para lembrarmos o aniversario do asasinato de Mahatma Gandhi (1948-2013).

Dende o SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ achégannos a programación e os recursos para celebrar este día en toda Galicia.

E aquí vos deixamos unha fermosa achega de artistas brasileiros ao proxecto "We are the world", chamado en Brasil UM MUNDO BEM MELHOR.

11.1.13

OPS! no IES de Chapela

O pasado xoves 10 de xaneiro tivo lugar un novo obradoiro  OPS! que organiza o SNL do Concello de Redondela en colaboración cos EDLG dos IES do Concello. Nesta ocasión asistiron estudantes de 4º da ESO e 1º de Bacharelato do IES de Chapela.
No obradoiro o alumnado descubriu, da man de Íria Mayer da AGAL, que coñecer o galego é unha vantaxe competitiva para entender e manexar a lingua portuguesa, e que con moi pouco esforzo podemos chegar a un amplo universo cultural e económico en crecemento: Brasil, Portugal e os restantes paises de fala portuguesa. Temos que aproveitalo!