A mellor escola, a casa

7.11.12

"Eu falarei" do IES de Chapela, 1º premio OUFF Escola

O 6 de novembro de 2012 tivo lugar en Ourense a entrega de premios do IV Certame OUFF Escola, no marco do 17 Festival Internacional de Cine de Ourense.
Entre as 46 obras participantes na categoría “Secundaria e ensino non universitario” o xurado decidiu darlle o 1º premio ao lipdub EU FALAREI do IES de Chapela.
Con este premio o xurado recoñece o traballo coordinado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Chapela no que participou toda a comunidade educativa no pasado mes de xuño e que deu lugar á gravación do lipdub EU FALAREI.
En Ourense estiveron 53 persoas, alumnado e profesorado do IES de  Chapela, que dedicaron o premio a toda a veciñanza de Chapela “que se identificou co proxecto e hoxe canto orgullosa EU FALAREI”.
Velaí o vídeo da recollida do premio:

6.11.12

Ollos de aula de novembro


Xa se pode consultar o número 2 da revista OLLOS DE AULA, editada pola CGENDL.
Neste número pódese atopar información acerca do consello escolar, as reválidas, recomendacións para oír, ler e facer, e un interesante decálogo para ter en conta cando os pais ou titores legais van entrevistarse cos titores/as ou profesorado. E recomendan: "Unha das mellores maneiras de axudar aos nosos fillos/as é mantendo contacto cos seus profesores/as".

Pódese descargar premendo na imaxe.