A mellor escola, a casa

21.2.12

Día Internacional da Lingua Materna

Hoxe é o International Mother Tongue, é dicir, o DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA.
 
"Falarlle a alguén nun idioma que entende permite chegarlle ao seu cerebro, pero falarlle na súa lingua materna significa chegarlle ao seu corazón”.
Nelson Mandela


Este é un bo día para reclamar, máis ca ningún outro, que se fale galego nas casas e na escola, para que as mulleres e os homes do futuro manteñan viva a nosa lingua, o noso máis prezado ben cultural, e sexan quen de transmitirlla ás xeracións futuras.


"A lingua do noso pensamento e das nosas emocións é o noso ben máis prezado. O plurilingüismo é o noso aliado para velar por unha educación de calidade para todas as persoas, fomentar a inclusión e loitar contra as discriminacións. A construción dun diálogo auténtico supón o respecto polos idiomas. Toda representación dunha vida mellor, toda aspiración ao desenvolvemento exprésase nunha lingua, con palabras precisas para darlle vida e comunicala. As linguas son o que somos; protexelas significa protexérmonos".
Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO.

12.2.12

O blogue da EEI A MARISMA

A nosa escola xa ten blogue!
Este presentouse como proxecto de innovación e dinamización lingüística, e con el preténdese mostrar o traballo que realizamos na nosa escola, e involucrar ao resto da comunidade educativa: nais e pais, asociacións culturais e organismos do concello, e achegarlles o mundo das TICS e da cultura en lingua galega.

Agardamos a vosa visita.

http://escolaamarisma.blogspot.com