A mellor escola, a casa

16.9.11

Bolsa de actividades da Coordinadora Galega de ENDL

Para comezarmos a pensar e re-pensar o discurso da normalización lingüística nos centros de ensino, de seguro que vai ser moi útil a nova 


que propón a Coordinadora Galega de ENDL.

Aquí poderemos ver algunhas interesantes suxestións, e tamén colaborar con outras que vaiamos facendo.

Cómpre comezar xa. Ánimo!


15.9.11

Tres historias para ver... e aprender!

Para non lle termos medo a este comezo de curso, que malia todos os problemas vai ser fructífero, coma sempre, achegamos unha proposta lúdica e didáctica da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Trátase de "Tres historias para ver... e aprender!", que nos achegan tres curtas de animación coa súa proposta didáctica para traballar nas escolas infantís ou na familia.

Pódense ver a través da ligazón de máis arriba.
Feliz comezo de curso!