A mellor escola, a casa

27.7.11

Actividades de normalización para os centros de ensino

Os centros de ensino de Pontevedra, a través dos seus EDL, conxuntamente coa Concellaría de Normalización Lingüística, elaboraron un Banco de Actividades para a Normalización no Ensino en Pontevedra (BANEP).

Este banco de actividades, dispoñible na rede, achega diferentes posibilidades educativas para incidir na promoción, divulgación e normalización da lingua galega na poboación escolar, e nel pódense facer buscas por centro, área, actividades, ou niveis (entre outras opcións).

Pódese acceder premendo na ligazón BANEP.