A mellor escola, a casa

28.5.11

LOIS PEREIRO, POLOS CAMIÑOS DE FERRO

O profesorado ABALAR, do CEIP PORTO-CABEIRO, elaborou este LIM sobre o homenaxeado este ano no día das LETRAS GALEGAS , co fin de coñecer sobre o autor non so a súa infancia e xuventude se non tamén a súa poesía políglota froito das súas viaxes e aprendizaxe de idiomas.

18.5.11

Concerto-homenaxe a Lois Pereiro en Redondela

O xoves, 19 de maio, ás 20.00 h, poderedes gozar da última das actividades organizadas dende o SNL para render unha homenaxe a Lois Pereiro: no Auditorio da Xunqueira contaremos coa presenza de Xurxo Souto e Lino Braxe para facer a presentación e introducción á figura de Pereiro, e de seguido un concerto de Manu Clavijo, que musicou poemas do autor.


É unha boa oportunidade para coñecer de primeira man a obra do poeta homenaxeado nas Letras Galegas 2011. 

Animádevos e convencede tamén ao alumnado e coñecidos.

Lois Pereiro dende Redondela

Como xa dixemos antes, o CEIP de Laredo, foi o gañador do concurso-exposición das Letras Galegas 2011 na categoría infantil-primaria.

Podedes visitar a seguinte ligazón e explorar todo o traballo, pero aquí ímosvos mostrar como proba do bo facer a guía de primaria que elaboraron.

Aproveitade este brillante e didáctico material premendo na imaxe.