A mellor escola, a casa

18.3.11

O CEIP de Laredo, gañador do concurso das Letras Galegas 2011

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de anunciar que o traballo elaborado polo CEIP de Laredo foi o gañador na categoría de infantil e primaria no concurso-exposición das Letras Galegas 2011.

Dende a Coordinadora ENDL de Redondela, e en nome de todos os centros educativos redondeláns, queremos transmitirlles os nosos parabéns polo traballo realizado e pola obtención deste recoñecemento.

Mentres non se edita o traballo completo, podedes consultado nesta ligazón do propio centro:

4.3.11

BO ENTROIDO!

Entre as moitas propostas divulgativas e educativas do entroido galego, escollemos hoxe esta elaborada por MEIGATINTUREIRA, para termos unha visión xeral da tradición máis xenuina do noso entroido.

Podedes ver tamén outros interesantes traballos na web da Coordinadora Galega CGENDL.