A mellor escola, a casa

22.2.11

Celebración do Día da Lingua Materna

A celebración do Día Internacional da Lingua Materna estivo tamén presente en Redondela.

O ENL do IES Pedro Floriani aproveitou este evento, que se celebra cada 21 de febreiro dende o ano 2000 por iniciativa da UNESCO, para facer que o alumnado reflexione sobre o uso da lingua galega, a nosa lingua materna, sobre a presenza como tal nas súas vidas e sobre os hábitos e actitudes que deberían mudar para que efectivamente se estendese o seu uso na mocidade.

Ademais, a gravación foi proxectada na entrada do centro e foi moi ben acollida polo resto do alumnado, que escoitou e viu estas manifestacións tan substanciosas.

18.2.11

Cartafol, novo semanario do ensino

Unha nova ferramenta en lingua galega vén de ver a luz: a revista Cartafol, un semanario sobre o ensino que inclúe a normalización lingüística como un dos eixos da publicación. 

Cartafol é un novo semanario sobre o ensino galego que ten como base temática a educación en Galiza. Entre os temas principais que abrangue atópanse a normalización lingüística, novas da Consellaría de Educación e dos sindicatos do ensino, protestas dos centros, ofertas de cursos, etc.

Neste primeiro mes de febreiro chega aos centros de xeito gratuíto, pero no sucesivo funcionará baixo subscrición.

Cartafol.gl