A mellor escola, a casa

13.8.10

Profes co galego

Hai uns días que se creou no facebook a plataforma "PROFES CO GALEGO", outra nova xanela aberta á nosa lingua para o profesorado que cre que a lingua galega pode e debe ser a lingua vehicular de todas as materias, e para todas as persoas que comparten esta idea.

Aquí vos deixo a súa declaración de principios para que vos sumedes e a divulguedes tamén:

Trátase de poñer en contacto ao profesorado de Matemáticas, Tecnoloxía, Física e Química e outras materias, tanto de primaria como de secundaria, aos que o novo decreto non lles permite impartir as aulas en galego. O que pretendemos con este grupo é crear un foro de debate, co obxectivo de que en setembro teñamos deseñada unha liña de actuación conxunta, e que ninguén se sinta só, aínda que así o estea no seu departamento ou incluso no seu claustro. Tamén servirá para comentar os problemas que se nos vaian presentando unha vez iniciado o curso.