A mellor escola, a casa

31.5.10

Intercambio con Monção


O venres pasado os centros de ensino secundario redondeláns recibiron a visita do alumnado portugués da EPRAMI  e da Escola Secundária de Monção. Pola mañá o alumnado de 10º ano portugués viviu nos centros de secundaria de Redondela as particularidades do noso sistema educativo e observaron as semellanzas e diferencias das dúas linguas irmás.
Ademais a convivencia co alumnado de 4º da ESO galego serviu de mostra para comprobar a nosa facilidade de comunicación na nosa lingua cos veciños portugueses.
Logo todos os participantes no intercambio viaxaron á Illa de San Simón para celebrar un xantar conxunto e unha visita ás illas.

A experiencia vivida fai prever sucesivos contactos e intercambios que han frutificar nunha máis intensa e enriquecedora relación. Podedes ver o artigo que publica a profesora Teresa Simões no Jornal Digital da Escola Secundária de Monção

Ademáis tamén se poden ler as novas da xornada de intercambio do día 29 de abril en Monção nestes dous enlaces: EPRAMI e Escola Secundária.

26.5.10

Decreto 79/2010 do plurilngüismo

Finalmente, e malia a oposición de amplos sectores da sociedade e da maioría da comunidade educativa galega, o DOG núm. 97, do martes 25 de maio de 2010, publica o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
De pouco serviron o rexeitamento do Consello Consultivo, do Consello Escolar, da Real Academia Galega, do Consello da Cultura, das universidades, dos sindicatos que representan o 90% do profesorado, e de asociacións e plataformas diversas.

Para sumarnos a este rexeitamento colectivo poñemos no noso blog a nota de prensa divulgada pola Coordinadora Galega de ENDL, que subscribimos, e unha recompilación de diferentes mostras de rexeitamento feita pola CTNL.

24.5.10

Presentación da obra de Uxío Novoneyra


Dende o IES Mendiño achéganos esta presentación en Power Point con poemas de Uxío Novoneyra e fotografías ben suxerentes do Courel, que tamén axudan a comprender mellor os seus versos.
Para ver a presentación preme no enlace.

18.5.10

BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA

Biografía de Uxío Novoneyra, feita polos alumnos de 4º de primaria do CEIP Porto Cabeiro.
Como é extensa está divida en 2 partes.

PRIMEIRA PARTE












SEGUNDA PARTE

LETRAS GALEGAS 2010 UXÍO NOVONEYRA

Dende o CEIP PORTO-CABEIRO elaboramos diferentes actividades sobre a vida e obra de Uxío Novoneyra. Se as queres traballar cos teus alumnos é preciso ter instalado o programa Smart Notebook. Neste enlace descárgase a última versión.

10.5.10

LETRAS GALEGAS 2010


No CEIP de Cedeira elaboramos varias actividades para que os nenos e nenas coñezan e valoren a figura do poeta Uxío Novoneyra.
Temos en primeiro lugar unhas actividades elaboradas co programa Ardora: unha delas céntrase en Uxío Novoneyra e outra na Serra do Courel (esta conta cunha ficha de traballo en Word). Van en arquivos comprimidos. Podédelas descargar facendo clic no seu nome:


ACTIVIDADE SOBRE UXÍO NOVONEYRA FEITA CO PROGRAMA ARDORA
ACTIVIDADE SOBRE O COUREL FEITA CO PROGRAMA ARDORA

Elaboramos para pizarra dixital unha actividade no programa Smart Notebook para Primaria que podes descargar aquí.
Para Educación Infantil preparamos varias actividades para pizarra dixital co programa Smart Notebook arredor do libro Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín.

CONTO ILDA
ACTIVIDADES
UXÍO NOVONEYRA

Finalmente tendes a Oca sobre Uxío Novoneyra para achegar a este autor dun xeito lúdico aos rapaces/as de Educación Primaria. É para traballar na pizarra dixital.

9.5.10

Unidade didáctica para 2º ciclo de primaria

O traballo segue a aumentar, e desta volta o CEIP Outeiro das Penas envíanos as unidades didácticas sobre Uxío Novoneyra que elaboraron para o 2º ciclo de primaria.

Preme no enlace e accederás á primeira delas: Actividades para terceiro nivel

"Facendo pés de lá, metéronse á bouza con máis ruxir do medo a bater no peito ca dos pés na terra e dos brazos nas froumas e follata do carreiro cego. Uces, xestas e rebolas por riba da cabeza e un olor a sombrizo, a sitio bravo e arredado."

O cubil do xabarín, 1990

Despois podes acceder ás actividades que deseñaron para cuarto nivel.

"O Valcarce e sin perguicia
as penas de garamela
apeitar para o Cebreiro
polo marcado carreiro
que a neve volve vago."

Pasadas tódalas Francias, 1993